domingo, 4 de noviembre de 2012

Documentar contidos alleos

Un artigo do filósofo José Antonio Marina, publicado en El Mundo Orbyt o 25 de marzo de 2012, constitúe a materia prima para a realización dun traballo dentro do ámbito da documentación informativa: un pequeno exercicio de investigación e análise do texto, ampliando algúns dos contidos que nel aparecen e que constitúen as claves do mesmo.


RESUMO DO ARTIGO

Neste artigo Marina reflexa un sentimento que todos coñecemos ben, o da impotencia de formar parte dunha masa que se move por inercia, e que segue con ese movemento bótenlle o que lle boten. Unha masa que aguanta e cala. Así é a sociedade ʺenfermaʺ da que nos fala o autor. Non se trata dunha sociedade indiferente ou ignorante (é coñecedora dos abusos aos que está sendo sometida), máis sí dunha sociedade que semella que esqueceu cómo protestar, cómo imporse ante aqueles que supostamente a representan.

Pero non, o problema non é de esquecemento, non se trata dun alzheimer colectivo. Marina emprega o termo de ʺinmunodeficienciaʺ con gran acerto, xa que temos un verdadeiro problema coas nosas ʺdefensasʺ (enténdase políticos e demáis representantes) cando son elas as que nos atacan, é duro mais certo: as nosas defensas son as que están a mallar en nós, na sociedade. Resulta igual de interesante o senso clínico que tira o autor da verba ʺtoleranciaʺ, o verdadeiro problema das sociedades actuais é que se acostumaron á decepción. Xa non sorprenden os casos de corrupción, o aumento das cifras do paro, a impunidade coa que actúan os poderosos. Semella que é o pan de cada día, semella inevitable, inherente ao ser humano (quizáis o sexa). Parece que nos voltamos cómodamente insensibles, como dirían os Pink Floyd. Esa impotencia confortable da que fala o autor é a que nos está autodestruíndo. A enfermidade parece clara.

Mariana propón unha solución baseada en 3 piares que constituirán a cura da inmunodeficiencia social: o castigo exemplar, o pensamento crítico e a participación cidadá. A todo isto debe sumárselle un marco ético nos ámbitos da ciencia, tecnoloxía, democracia e o mercado libre. Dito marco ético, entendido coma unha norma suave e eficiente de coacción social, axudará a controlar esas institucións ‘suicidas’, xa que sen el poden resultar perigosas para o ser humano (segundo explica o autor).

Por último, deféndese a repulsa social cara todo aquel que desobedeza a norma, unha total intolerancia cara as condutas inmorais; mentres que se propón o ensalzamento do ético, aquel que viva seguindo as directrices que marca a sociedade.


CONCEPTOS CLAVES QUE AMPLIAR
  •        Pensamento crítico
  •          Pesimismo escéptico
  •          Tolerancia social
  •          O partidismo na democracia
  •          Sociedade política e sociedade civil
  •          Ética como norma suave e eficiente de coacción social


Pensamento crítico

O pensador crítico ideal é unha persoa habitualmente inquisitiva; ben informada, que confía na razón; de mente aberta; xusta cando se trata de avaliar; honesta cando confronta os seus sesgos persoais; prudente ao emitir xuízos; disposta a reconsiderar e se é necesario a retractarse; clara respecto aos ou situacións que requirens a emisión dun xuízo; ordeada cando se enfronta a situacións complexas; dilixente na busca de información relevante; razoable na selección de criterios; enfocada en preguntar, indagar, investigar; persistente na busca de resultados tan precisos coma as circunstancias e o problema ou a situación o permitan.

O pensamento crítico é importante por:
  • Fomenta a solución de problemas e cuestiónaos, ás veces non sempre un máis un son dous. Busca alternativas ao xa establecido e o asentado en firmes piares inamovibles, teoría caducas que se aplican unha e outra vez baixo o mantra: “sempre se fixo así”.


  • Fomenta a autocrítica e combate a autocompracencia. Sempre se denosta a autocrítica coma un rasgo de pesimismo e derrotismo individual. É a capacidade autocrítica a que eleva os niveis de esixencia (sempre sen levalos ao extremo). A autocrítica consegue buscar alternativas e indagar en aqueles puntos débiles que posuímos como profesionais.


  • Cuestiona á masa. É moi importante nestes tempos nos que os “trendings topics”, os “gústame” e los artigos e teorías máis compartidas adormecen o pensamento, non se cuestiona nada, todo se acepta cal dogma de fe, sen cotexar, comprobar e verificar as fontes … 


A continuación aporto algúns mapas conceptuais que atopei na rede que amplían de xeito claro e sinxelo máis información sobre o pensamento crítico.
(Pinchar sobre eles para velos ampliados)

 



FONTES:
El pensamiento crítico como competencia esencial <http://www.belenclaver.com/el-pensamiento-critico-como-competencia-esencial/> [Consulta: 1 de novembro de 2012]
Pensamiento crítico <http://www.eduteka.org/pdfdir/DefinicionPC1.pdf>  [Consulta: 1 de novembro de 2012]
Mapas conceptuais:
1-Características del pensamiento crítico <http://aprendeenwiki.wikispaces.com/file/view/pens_2.png/189015887/pens_2.png> [Consulta: 1 de novembro de 2012]
2- Técnicas y estrategias del pensamiento crítico <https://pre-texto.wikispaces.com/file/view/Pensamiento_critico.jpg/41735199/Pensamiento_critico.jpg>   [Consulta: 1 de novembro de 2012]


Pesimismo escéptico

Buscando pola web, o termo aparece vencellado ao termo ‘’derrotismo’’, e tamén coma antónimo de soñador.

"Escéptico" vén do grego skeptikoi (de skeptesthai, que en grego significa examinar). Un escéptico é unha persoa que duda das opinións aceptadas e demanda evidencia de calidade para poder cambiar a súa opinión.

O pesimismo (do latín pessimum, "o peor"), é un estado de ánimo e unha doutrina filosófica que sostén (invertindo a tesis leibniziana) que vivimos no peor dos mundos posibles, o noso destino é tratar de obter o que nunca teremos. Dende o punto de vista psicolóxico, constitúe un dos trazos ou síntomas máis sinalados da enfermidade coñecida como depresión.


FONTES:
La tristeza contemporánea < http://es.scribd.com/doc/25147715/Fierens-Gevaert-Hyppolyte-La-Tristeza-Contemporanea > [Consulta: 1 de novembro de 2012]
¿Son los escépticos pesimistas,cínicos y arrogantes? < http://www.tecnologiahechapalabra.com/ciencia/leyenda/seudociencia/articulo.asp?i=1265 > [Consulta: 1 de novembro de 2012]
Escepticismo <http://www.e-torredebabel.com/Historia-de-la-filosofia/Filosofiagriega/Filosofiahelenistica/Escepticismo.htm> [Consulta: 1 de novembro de 2012]



Tolerancia social

Tolerancia social: Tolerar del latín tolerare (sostener, soportar), define o grao de aceptación fronte a un elemento contrario a unha regra moral.

A tolerancia social nas sociedades modernas deféndese penalmente e busca o respecto dos dereitos e os intereses de todas as persoas con independencia das súas circunstancias individuais, para a coexistencia pacífica.

A nivel individual é a capacidade de aceptación dunha situación, ou de outra persoa ou grupo considerado diferente, pero non todos os individuos están capacitados para ser tolerantes. É a actitude que una persoa ten respecto a aquilo que é diferente dos seus valores. Este comportamento social deuse en todas as épocas da humanidade e en todos os lugares do mundo coma un medio para a coexistencia pacífica.

É distinto tolerancia de liberdade, e o máis común nas sociedades humanas consiste na opresión dun grupo minoritario por parte dunha maioría, xa que o inverso é menos usual. Os valores de respecto van en menor grado dende a tolerancia ata a liberdade, pasando pola igualdade social. A tolerancia non ten porqué ser neutral ou un valor positivo en si mesmo, pode ser tamén un medio por parte do grupo co control social para fomentar ou manter unha situación de privilexio que lle é favorable.


FONTES:
La horizontalidad de las relacione humanas y la democracia < http://redalyc.uaemex.mx/pdf/279/27903406.pdf > [Consulta: 3 de novembro do 2012]


O partidismo na democracia

Comezamos por aclarar qué é a identificación partidista. Enténdese por ‘identificación partidista’ ao vínculo psicolóxico entre un individuo e un partido político, que implica pertenza ao mesmo, inda que non necesariamente con inscrición formal ou activismo. Considérase un vínculo estable que tende a reforzarse no tempo coa socialización política e que resalta a súa forte relación co voto. Mídese usualmente mediante a preferencia ou simpatía por partidos e indágase a estabilidade de tal vinculación.

Está comprobado que o partidismo é o peor  inimigo das ideoloxías ao someter o debate e o criterio persoal ao estrito orde da disciplina estratéxica adoptada por cada partido. Nesa finxida controversia prevalece primeiro o interese persoal sometido ao corporativo máis que a defensa real do ideario. 

Calquera político é consciente de que a súa estabilidade depende fundamentalmente da observancia desa disciplina máis que da defensa real do ideario que sustancia ao partido ao que pertence, ou das accións máis que máis conveñen ao interese xeral que aseguran defenderSon moi poucos os políticos que renden contas dos seus actos máis que nas urnas. De aí que non sexa estraño que quen prefire renunciar a súa liberdade de pensamento a cambio da seguridade que garante pertencer á elite política sexan lexión.

Cando non existe a presión partidista é posible tomar decisións intelixentes froito do análise consecuente das necesidades reais da sociedade.


FONTES:
El efecto del partidismo sobre la actitud democrática de los venezolanos <http://www.redalyc.org/src/inicio/ArtPdfRed.jsp?iCve=28120715006>  [Consulta: 3 de novembro de 2012]
Democracia disciplinada
<http://www.laopiniondemurcia.es/opinion/2012/07/06/democracia-disciplinada/413987.html> [Consulta: 3 de novembro de 2012]


Sociedade política e sociedade civil

Descoñecía a diferenza entre ambas, e ao evidenciarse esta no texto, realicei a busca de cales son as diferenzas entre elas:

A sociedade política (ou Estado)  enténdese como unha organización social heteroxénea, posto que está constituída por diferentes grupos étnicos previos (tribus, nacións en sentido étnico), orientada a manter a propiedade do propio territorio fronte a outras sociedades políticas, e a manter a eutaxia a través do conflito de grupos e clases sociais. A organización da sociedade política corre sempre a cargo dunha parte da mesma que totaliza, a través do poder político, ao resto de partes (inda que non do todo: totum sed non totaliter) propóndose como obxectivo la eutaxia.

O termo sociedade civil, como concepto da ciencia Social, designa á diversidade de persoas con categoría de cidadáns que actúan xeralmente de xeito colectivo para tomar decisións no ámbito público que concernen a todo cidadán fora das estruturas gobernamentais.


FONTES:
Sociedad civil (Ciencia política)
 <http://es.wikipedia.org/wiki/Sociedad_civil_(ciencia_pol%C3%ADtica)#cite_ref-0> [Consulta: 3 novembro de 2012]
Sociedad política
<http://symploke.trujaman.org/index.php?title=Sociedad_pol%EDtica> [Consulta: 3 de novembro de 2012]



Ética como norma suave e eficiente de coacción social

Non podemos ter un concepto restritivo da ética á hora de actuar; unha decisión correcta deberá tomarse en función das circunstancias ou a pesar delas.
O tema da ética suxire distinguir entre los termos coacción, conveniencia y convicción.  Non hay ética a partires da coacción, nin se xera ética no ambiente da conveniencia; a ética nace e prospera nun ambiente de convicción. É neste punto onde confirmamos que a ética existe “a pesar das circunstancias”.

A ética é individual, pero aplícase se constrúese a través das relacións co medio ambiente e con nós mesmos.  A ética cobra sentido cando nos relacionamos con outros. Non existe para xulgar ou condenar a ninguén, para elo están as leis.  A ética debe concibirse como un medio de avaliación propia, a través da cal buscamos encontrar a forma de ser mellores persoas, mellores traballadores, mellores xefes, etc.


FONTE:
La ética y su implicación social
<http://www.deloitte.com/view/es_gt/gt/2bf9875226ef8210VgnVCM100000ba42f00aRCRD.htm> [Consulta: 3 de novembro de 2012]


CONCLUSIÓNS E OPINIÓN PERSOAL SOBRE O DOCUMENTO

Por desgraza, só concordo coa primeira metade do artigo no que se diagnostica a enfermidade das sociedades actuais. É a proposta da solución á que non me convence, haberá lectores aos que lles semelle a cura ideal e respecto totalmente a súa opinión, máis non a comparto. Sí concordo na necesidade urxente de pensamento crítico, mais o pensamento é unha cuestión INDIVIDUAL, polo cal unilo ao concepto de sociedade me resulta estraño. Non se debe esquecer que a sociedade é unha abstracción, non é tanxible, sérvenos á hora de referirnos ao conxunto, pero non podemos tratala coma algo. Qué é a sociedade máis que o conxunto de individuos? A idea dun pensamento social único dáme medo, tráeme á cabeza momentos da Historia na que a liberdade brillaba pola súa ausencia.

Podería funcionar esa idea de pensamento crítico social se éste fose libre, se cada un puidese criticar o que lle parecese, co emprego dunha argumentación sólida. Pero Marina estropea esa bonita idea introducindo a continuación a (maldita) ética, a cal define como unha ‘’norma suave y eficiente de coacción social’’. No momento no que leo que o autor defende un tipo de coacción social xa rematou definitivamente coa posibilidade de que me caia ben. Para comezar, quén ditará esa norma? Quen decide o que se acepta e o que non? En base a qué verdade absoluta, a súa? Por qué está ben o que está ben? Por qué está mal o que está mal? Alguén poderá responder algo así como: a norma dítaa a sociedade; e eu pregúntome: e por qué o que diga a maioría é o correcto? Alá polo século XVII existiu un tal Galileo Galilei que por defender algo que desentoaba coa norma establecida viviu coma un apestado o resto da súa vida. E o preocupante é que iso é precisamente o que propón Marina, defende unha especia de ‘repulsa social’ a aquel ou aquela que non siga o establecido polo ‘marco ético’, mentres que anima a aplaudir a que actúe de xeito correcto de acordo cos parámetros sociais.

No artigo tamén se defende que o feito de xulgar os comportamentos alleos debe producirse dende a obxectividade e sen deixarnos levar por preferencias emocionais, o cal é queda moi bonito dicilo, pero sendo serios, é absolutamente imposible. Opino que Mariana  ten boa intención, pero o seu método non me semella (sempre dende a miña perspectiva) xusto nin axeitado.


No hay comentarios:

Publicar un comentario