A continuación, expónse o traballo encargado pola profesora para introducirnos un pouco máis no mundo da documentación informativa.
1.RESUMO
1.RESUMO
Para caracterizar á Documentación Informativa, propuxéronse tres
dimensións, correspondentes ás súas tres dimensións principais: (1) disciplina
científica, (2) actividade profesional e (3) subsector económico.
Definición 1: como disciplina: Estudo da natureza, deseño e emprego dos
sistemas de información documental ao servizo de: a producción de informacións
de actualidade, o incremento da súa calidade, o seu almacenamento,
conservación, recuperación, difusión e reutilización.
Definición 2: como profesión: Conxunto de prácticas profesionais
relacionadas co deseño e a utilización de sistemas de información documental
aplicados aos medios de comunicación social.
Definición 3: como sector económico: Conxunto de bens e servizos
relacionados co deseño, creación e explotación de sistemas de información
documental que permiten a almacenaxe, conservación, representación,
recuperación e difusión de informacións creadas polos medios de comunicación
social.
2.PALABRAS CLAVE
Datos, almacenaxe, conservación,
representación, difusión, valoración, selección, clasificación, verificación,
dossier.
3.INTRODUCIÓN
Vivimos inmersos nunha sociedade que necesita gran cantidade de
información, e precísaa de forma rápida e constante.
Non se debe esquecer o fenómeno da televisión e actualmente o de Internet,
que dan posible que a información chegue a case todo o mundo, no primeiro caso,
e que sexa posible recibir, pero tamén buscar e acceder á maioría da que se
produce en todo o mundo. Hai información escrita, visual e multimedia.
Actualmente o noso mundo está marcado pola imaxe, sobre todo debido á auxe dos
medios de comunicación. Neles, os documentos gráficos e audiovisuais son cada
vez máis importantes, xa que os datos que nos proporcionan este tipo de
documentos son fundamentais.
A maioría das actividades humanas xeran e consumen información. E nalgunhas
convértese nunha necesidade imperiosa (na investigación, na industria, na
empresa, nos medios de comunicación,…) onde carecer dela, nun momento dado,
pode conlevar serias consecuencias.
A información non é un conxunto multiforme de feitos puntuais, sen relación
entre sí, senón un complexo entramado de causas e efectos: as noticias teñen
antecedentes e consecuencias, unhas noticias relaciónanse con outras, e unhas
derivan doutras. Isto implica que a función dos medios non é simplemente dar
noticias, senón ofrecer unha información documentada, na que cada noticia sexa
vista en función das súas relación co resto da información. A información documentada será máis unha información
investigada e explicada, e polo tanto o máis obxectiva posible, contraria á
exposición de opinións.
4.CONCEPTO
A documentación informativa podería definirse como ‘‘o modo informativo que
ten por obxecto a valoración, selección, clasificación e arquivo para o seu
posterior uso de textos e referencias sobre ideas, feitos, xuízos e opinións,
coa fin de elaborar a información xornalística e difundir información
documental de base xonalística.’’
5.PRINCIPIO
A natureza propia e específica da documentación xornalística ou informativa
é a de ser un modo informativo.
A documentación pode ser escrita, sonora ou visual. A documentación
informativa non é a documentación dos contidos só dos xornais, senón da
documentación da información xornalística a través de distintos medios de
documentación social: prensa, radio e televisión.
6.CARACTERÍSTICAS DA INFORMACIÓN
DA ACTUALIDADE
As principais características da información de actualidade dende a
perspectiva do traballo documental son expostas por Amat e Blasco:
- Coincidencia episódica. As mesmas noticias son ofrecidas por todos os medios diarios nas mesmas datas e posteriores, así como nas revistas xerais nas súas datas de publicación e nos espazos informativos non diarios dos medios audiovisuais. A causa é a dependencia dos medios e das axencias e, sobre todo, dos produtores dos feitos que se constitúen en noticia e nunha interpretación coincidente das expectativas da audiencia.
- Redundancia cíclica. A actividade xornalística céntrase na cobertura dos feitos contemporáneos. Determinando acontecementos que teñen unha frecuencia diaria (bolsa), outros semanal (reunión do consello de ministros), outros mensual (IPC, datos do paro), trimestral (grandes operacións de tráfico), ou anual (premios cinematográficos). Isto fainos previsibles para a documentación.
- Efecto Mateo. Unhas poucas personaxes polarizan o interese dos medios e aparecen nomeados en moitas noticias. Existe, pois, un desequilibrio para o tratamento da información relativa ás persoas.
- Multiplicidade de soportes. Teletipos, noticias impresas, comunicados de prensa, grabacións radiofónicas, materiais visuais e audiovisuais.
- Fragmentación da mensaxe. As mensaxes informativas transmítense fragmentadas polo ritmo de captación dos acontecementos, diferente ao da publicación ou edición dos medios. Estos ademais acostuman utilizar unha estrutura en forma de tríptico (previo, noticia, reaccións) que, a súa vez, pode continuar xerando novas noticias, de tal xeito que non é fácil realizar o proceso de selección nin análise documental, pois non hai criterio nin perspectiva suficiente.
- Latencia. A información de actualidade caduca aparentemente, pero calquera feito pechado pode reabrirse e pode devolver o protagonismo a personaxes e feitos con independencia da súa antigüidade
- Documentos compostos. Textos con fotografías e gráficas, por exemplo, plantean dificultades de organización documental e de deseño das ferramentas de recuperación documental.
- Lei do mínimo esforzo. A premura de tempo coa que se sole traballar vai en detrimento de respostas e tratamentos da información elaborados.
- Estratificación de usuarios e usos. Trabállase para usuarios moi diferentes na súa especialización e nos seus obxectivos.
- Relatividade do significado. Os documentos xornalísticos cambian o seu significado en distintos contextos e admiten interpretacións diversas por parte dos usuarios. Isto fainos polivalentes. Na información audiovisual isto é especialmente significativo: así, uns planos de recurso grabados nuns laboratorios de investigación farmacolóxica poden servir para diversas noticias. Os datos sobre o roubo de coches son interesantes para un redactor de sucesos e para un redactor das páxinas de economía.
7.FUNCIÓNS DA DOCUMENTACIÓN
INFORMATIVA
R.W. Desmond, enumerou un total de 11 funcións da documentación informativa.
Ditas funcións eran:
- Evitar erros
- Suministrar os antecedentes da noticia
- Mellorar a presentación da información local
- Preparar material por adiantado e suxerir información
- Servir aos editorialistas
- Realizar campañas en beneficio da comunidade
- Facer accesible o material especializado
- Conservar a documentación valiosa
- Dar boa imaxe ao xornal
- Servir ao departamento de publicidade
- Servir ao departamento de difusión
A enumeración de Desmond data de 1933, polo que , ainda estando a día de
hoxe vixente, actualmente manéxase unha sistematización non tan pormenorizada,
deducida a partires da observación directa
e indirecta da actividade dos servizos de documentación periodística,
e a posterior agrupación homoxénea en
razón ao seu obxecto específico e ao xeito no que estas funcións inciden na
elaboración da información periodística. Así pois, a clasificación das funcións
da documentación informativa é a seguinte:
Funcións inmediatas ou informativas: Son aquelas que corresponden ao obxecto
ou finalidade do proceso documental. Compre sinalar 4:
·Función comprobatoria ou verificativa
·Función preparatoria
·Función completiva
·Función orientadora
Funcións mediatas: Para cumplir as funcións informativas, o servizo
de documentación realiza unha serie de operacións que, consideradas no seu
conxunto, reciben o nome de proceso documental. Estas funcións, referidas á
operatividade do proceso documental, son as seguintes:
·Función valorativa e selectiva das fontes e
contidos informativos
·Función clasificadora
·Función arquivística
·Función recuperativa
8.FINALIDADE
Elaboración da información xornalística
A mensaxe documental envíase ao informador cunha finalidade: contribuír a
elaborar a información xornalística. Sen documentación da noticia non haberá
nunca información. Inda que se centre a importancia informativa da
documentación no relato de feitos, esta opera tamén nas ideas e opinións. A
información de xuízos ten coma base sempre uns feitos. E a información de
ideas, como as ideas mesmas, nunca aparecen totalmente ‘’ex novo’’. A
documentación tamén contribúe á presenza dos factores básicos da información
periodística: a verdade e a súa intelección polo destinatario, subministrando todos
aqueles datos que faciliten a súa elaboración.
Acadar a verdade informativa
Esta non se trata dunha verdade filosófica ou especulativa, senón dunha
verdade concreta sobre algo concreto que parte da realidade, desemboca na
intelección do destinatario da información e ten por mediador ao informador.
Acadar a comprensión do destinatario
Ata que o destinatario non consiga a intelección da mensaxe informativa non
se terá cumprido o proceso da información. Para que dito proceso se conclúa con
éxito, o informador debe situar o obxecto informativo nun amplo contexto
espacio-temporal e apuntar a súa significación no devir histórico, unha
proxección de futuro.
Explicar as repercusións que teñen os
acontecementos no actuar cotián e concreto do destinatario.
Adecuar á mensaxe informativa á situación e capacidade cultural e
intelectual dese destinatario, mediante a utilización dunha linguaxe apropiada
e o subministro de datos adicionais.
9.CENTRO DE DOCUMENTACIÓN DUN
MEDIO: FUNCIÓNS, CARACTERÍSTICAS E FINS
Toda empresa informativa, sexa cal sexa o seu medio de difusión, prensa,
radio ou televisión, precisa, para a elaboración dos seus contidos
informativos, do apoio de textos, de información escrita. Polo tanto, a
documentación escrita non é patrimonio exclusivo dos xornais.
Cos obxectivos citados arriba, o centro de documentación escrita deberá
recoller unha ampla serie de documentos e tratalos seguindo o esquema clásico
da cadea documental coas peculiaridades propias do entorno do traballo.
1.Selección da
información.
A política de selección dun centro de documentación escrita deberá ter en
conta, ademáis dos factores propios da selección xeral, outros aspectos
derivados do propio carácte da información de actualidade.
En primeiro lugar haberá que determinar que información se selecciona en
función do tipo de información que o medio ofrece; un medio de información
local seleccionará noticias só de carácter local, mentres que unha axencia
informativa internacional deberá recoller todo tipo de noticias.
Tamén deberá terse en conta a redundancia e obsolescencia da información,
tomando medidas para evitalas.
Galdón suxire para a selección, a aplicación dos seguintes criterios:
- Criterio de exclusión: consistente en non escoller o que xa se ten.
- Criterio de perdurabilidade: polo cal se determina o grado de permanencia e validez dos artigos de opinión, análise e ideas.
- Criterio explicativo: para seleccionar artigos que potencien a comunicabilidade e explicación cabal dos feitos.
- Criterio editorial: polo cal os artigos de análise, opinión e ideas sirvan para fundamentar a liña editorial do xornal serán seleccionados.
- Criterio limitativo: baseado na periodicidade da publicación
- Criterios de seguridade de emprego e novidade documental: avaliando o que realmente é susceptible de reutilización e o que é novo.
Os documentos que interesan a un centro de documentación informativa
escrita son os seguintes:
·Todo o material editado ou emitido polo propio
medio
·Despachos de axencias informativas
·Xornais: nacionais e estranxeiros
·Revistas de información xeral
·Comunicados de prensa
·Revistas especializadas
·Estatísticas
·Informes técnicos
·Publicacións oficiais
·Obras de referencia (Enciclopedias, anuarios, cronoloxías, biografías...)
2.Organización da
documentación escrita
Unha das decisións máis importantes nun centro de documentación escrita é a
de qué facer con esa documentación, como tratala, que tipo de análise
documental efectuar, etc. Para iso existen 2 opcións non excluíntes: a 1ª é a
solución tradicional, os dossieres temáticos clasificados, e a 2ª é a derivada
da aplicación informática ao proceso documental xornalístico, a creación dunha
base de datos de prensa.
3.Difusión da
documentación escrita.
Xeralmente, o centro de documentación da empresa informativa difunde a
información a petición de cada usuario. Así os xornalistas solicitarán datos
concretos, buscas retrospectivas sobre un tema ou noticias concretas publicadas anteriormente ou,
tratándose de imaxes, planos específicos, situacións concretas ou conxunto de
imaxes sobre un tema.
Por outra parte, o centro de documentación deberá prever as necesidades de
información diarias, realizando documentos en forma de axenda do día que
difundirá pola redacción.
Noutros casos, por último, o centro preparará os seus propios materiais,
habitualmente resumos ou recordatorios de noticias de longa duración,
cronoloxías, etc.
10.MAPA CONCEPTUAL (clickar sobre a imaxe para ampliar)
ELABORACIÓN PROPIA |
FONTES CONSULTADAS PARA A ELABORACIÓN DESTE TRABALLO:
-GALDÓN LÓPEZ,
Gabriel: El Servicio de documentación en prensa: funciones y métodos,
Barcelona, Mitre, 1986
-MOREIRO, José
Antonio (coord.): Manual de documentación informativa, Madrid, Cátedra, 2000
-DEL VALLE GASTAMINZA, Félix ‘’El centro de documentación
periodística’’
<http://www.ucm.es/info/multidoc/prof/fvalle/tema15.htm> [Consulta: 18 octubre]
-DEL VALLE GASTAMINZA, Félix ‘’Análisis y tratamiento
documental en medios de comunicación impresos en la era digital’’
<http://www.ucm.es/info/multidoc/multidoc/cursos/verano/material/FELIX%20DEL%20VALLE/fvalleEV1.htm>
[Consulta: 18 octubre]
-ARELLANO PARDO, María del Carmen, ''Documentación en prensa''
<://www.fcjs.urjc.es/paginas/carellan/tema11.html> [Consulta: 18 octubre]
-BENITO AMAT, C. y CASTILLO BLASCO, L. Factores condicionantes de las operaciones documentales en medios de comunicación, 1996
-ARELLANO PARDO, María del Carmen, ''Documentación en prensa''
<://www.fcjs.urjc.es/paginas/carellan/tema11.html> [Consulta: 18 octubre]
-BENITO AMAT, C. y CASTILLO BLASCO, L. Factores condicionantes de las operaciones documentales en medios de comunicación, 1996
No hay comentarios:
Publicar un comentario