sábado, 8 de diciembre de 2012

Worldcat, o catálogo mundial de libre acceso


Resulta ben certo iso de que Internet elimina (case) todas as barreiras. E qué é o que ocorre cando se eliminan barreiras? Que todos os contidos, antes separados polas mesmas, queda agora unido nun todo de maiores proporcións. WorldCat é o resultado da eliminación das barreiras entre as bibliotecas.
Xurde en 1971 e trátase dun catálogo en liña xestionado polo OCLC (online Computer Library Center). Está considerado o maior catálogo en liña do mundo.  Resulta salientable que no 2009 a cifra de rexistros bibliográficos acadou os 150 millóns en 470 idiomas.

WorldCat está dispoñible en multitude de bibliotecas e redes informáticas de universidades; dende agosto de 2006, está dispoñible gratuítamente a traves de Internet en www.worldcat.org

O catálogo consta de varias ferramentas pensadas para facilitar a búsqueda o máximo posible, coma a búsqueda avanzada, e titoriais sobre cómo buscar. Tamén dispón dun ránking co top 10 das bibliotecas preferidas polos usuarios; e  de etiquetaxes e de autores máis populares no momento no que accedemos á web. Tamén dispón dun apartado para os documentos máis recentemente  actualizados.

É necesario crear unha conta, pero esta é gratuíta e tendo en conta o servizo que presta, ben merece a pena perder o minuto que leva rexistrarse.


Creo que todo o que vos poida contar por aquí se queda curto á propia experiencia, así que, adiante!

domingo, 4 de noviembre de 2012

Documentar contidos alleos

Un artigo do filósofo José Antonio Marina, publicado en El Mundo Orbyt o 25 de marzo de 2012, constitúe a materia prima para a realización dun traballo dentro do ámbito da documentación informativa: un pequeno exercicio de investigación e análise do texto, ampliando algúns dos contidos que nel aparecen e que constitúen as claves do mesmo.


RESUMO DO ARTIGO

Neste artigo Marina reflexa un sentimento que todos coñecemos ben, o da impotencia de formar parte dunha masa que se move por inercia, e que segue con ese movemento bótenlle o que lle boten. Unha masa que aguanta e cala. Así é a sociedade ʺenfermaʺ da que nos fala o autor. Non se trata dunha sociedade indiferente ou ignorante (é coñecedora dos abusos aos que está sendo sometida), máis sí dunha sociedade que semella que esqueceu cómo protestar, cómo imporse ante aqueles que supostamente a representan.

Pero non, o problema non é de esquecemento, non se trata dun alzheimer colectivo. Marina emprega o termo de ʺinmunodeficienciaʺ con gran acerto, xa que temos un verdadeiro problema coas nosas ʺdefensasʺ (enténdase políticos e demáis representantes) cando son elas as que nos atacan, é duro mais certo: as nosas defensas son as que están a mallar en nós, na sociedade. Resulta igual de interesante o senso clínico que tira o autor da verba ʺtoleranciaʺ, o verdadeiro problema das sociedades actuais é que se acostumaron á decepción. Xa non sorprenden os casos de corrupción, o aumento das cifras do paro, a impunidade coa que actúan os poderosos. Semella que é o pan de cada día, semella inevitable, inherente ao ser humano (quizáis o sexa). Parece que nos voltamos cómodamente insensibles, como dirían os Pink Floyd. Esa impotencia confortable da que fala o autor é a que nos está autodestruíndo. A enfermidade parece clara.

Mariana propón unha solución baseada en 3 piares que constituirán a cura da inmunodeficiencia social: o castigo exemplar, o pensamento crítico e a participación cidadá. A todo isto debe sumárselle un marco ético nos ámbitos da ciencia, tecnoloxía, democracia e o mercado libre. Dito marco ético, entendido coma unha norma suave e eficiente de coacción social, axudará a controlar esas institucións ‘suicidas’, xa que sen el poden resultar perigosas para o ser humano (segundo explica o autor).

Por último, deféndese a repulsa social cara todo aquel que desobedeza a norma, unha total intolerancia cara as condutas inmorais; mentres que se propón o ensalzamento do ético, aquel que viva seguindo as directrices que marca a sociedade.


CONCEPTOS CLAVES QUE AMPLIAR
  •        Pensamento crítico
  •          Pesimismo escéptico
  •          Tolerancia social
  •          O partidismo na democracia
  •          Sociedade política e sociedade civil
  •          Ética como norma suave e eficiente de coacción social


Pensamento crítico

O pensador crítico ideal é unha persoa habitualmente inquisitiva; ben informada, que confía na razón; de mente aberta; xusta cando se trata de avaliar; honesta cando confronta os seus sesgos persoais; prudente ao emitir xuízos; disposta a reconsiderar e se é necesario a retractarse; clara respecto aos ou situacións que requirens a emisión dun xuízo; ordeada cando se enfronta a situacións complexas; dilixente na busca de información relevante; razoable na selección de criterios; enfocada en preguntar, indagar, investigar; persistente na busca de resultados tan precisos coma as circunstancias e o problema ou a situación o permitan.

O pensamento crítico é importante por:
  • Fomenta a solución de problemas e cuestiónaos, ás veces non sempre un máis un son dous. Busca alternativas ao xa establecido e o asentado en firmes piares inamovibles, teoría caducas que se aplican unha e outra vez baixo o mantra: “sempre se fixo así”.


  • Fomenta a autocrítica e combate a autocompracencia. Sempre se denosta a autocrítica coma un rasgo de pesimismo e derrotismo individual. É a capacidade autocrítica a que eleva os niveis de esixencia (sempre sen levalos ao extremo). A autocrítica consegue buscar alternativas e indagar en aqueles puntos débiles que posuímos como profesionais.


  • Cuestiona á masa. É moi importante nestes tempos nos que os “trendings topics”, os “gústame” e los artigos e teorías máis compartidas adormecen o pensamento, non se cuestiona nada, todo se acepta cal dogma de fe, sen cotexar, comprobar e verificar as fontes … 


A continuación aporto algúns mapas conceptuais que atopei na rede que amplían de xeito claro e sinxelo máis información sobre o pensamento crítico.
(Pinchar sobre eles para velos ampliados)

 



FONTES:
El pensamiento crítico como competencia esencial <http://www.belenclaver.com/el-pensamiento-critico-como-competencia-esencial/> [Consulta: 1 de novembro de 2012]
Pensamiento crítico <http://www.eduteka.org/pdfdir/DefinicionPC1.pdf>  [Consulta: 1 de novembro de 2012]
Mapas conceptuais:
1-Características del pensamiento crítico <http://aprendeenwiki.wikispaces.com/file/view/pens_2.png/189015887/pens_2.png> [Consulta: 1 de novembro de 2012]
2- Técnicas y estrategias del pensamiento crítico <https://pre-texto.wikispaces.com/file/view/Pensamiento_critico.jpg/41735199/Pensamiento_critico.jpg>   [Consulta: 1 de novembro de 2012]


Pesimismo escéptico

Buscando pola web, o termo aparece vencellado ao termo ‘’derrotismo’’, e tamén coma antónimo de soñador.

"Escéptico" vén do grego skeptikoi (de skeptesthai, que en grego significa examinar). Un escéptico é unha persoa que duda das opinións aceptadas e demanda evidencia de calidade para poder cambiar a súa opinión.

O pesimismo (do latín pessimum, "o peor"), é un estado de ánimo e unha doutrina filosófica que sostén (invertindo a tesis leibniziana) que vivimos no peor dos mundos posibles, o noso destino é tratar de obter o que nunca teremos. Dende o punto de vista psicolóxico, constitúe un dos trazos ou síntomas máis sinalados da enfermidade coñecida como depresión.


FONTES:
La tristeza contemporánea < http://es.scribd.com/doc/25147715/Fierens-Gevaert-Hyppolyte-La-Tristeza-Contemporanea > [Consulta: 1 de novembro de 2012]
¿Son los escépticos pesimistas,cínicos y arrogantes? < http://www.tecnologiahechapalabra.com/ciencia/leyenda/seudociencia/articulo.asp?i=1265 > [Consulta: 1 de novembro de 2012]
Escepticismo <http://www.e-torredebabel.com/Historia-de-la-filosofia/Filosofiagriega/Filosofiahelenistica/Escepticismo.htm> [Consulta: 1 de novembro de 2012]



Tolerancia social

Tolerancia social: Tolerar del latín tolerare (sostener, soportar), define o grao de aceptación fronte a un elemento contrario a unha regra moral.

A tolerancia social nas sociedades modernas deféndese penalmente e busca o respecto dos dereitos e os intereses de todas as persoas con independencia das súas circunstancias individuais, para a coexistencia pacífica.

A nivel individual é a capacidade de aceptación dunha situación, ou de outra persoa ou grupo considerado diferente, pero non todos os individuos están capacitados para ser tolerantes. É a actitude que una persoa ten respecto a aquilo que é diferente dos seus valores. Este comportamento social deuse en todas as épocas da humanidade e en todos os lugares do mundo coma un medio para a coexistencia pacífica.

É distinto tolerancia de liberdade, e o máis común nas sociedades humanas consiste na opresión dun grupo minoritario por parte dunha maioría, xa que o inverso é menos usual. Os valores de respecto van en menor grado dende a tolerancia ata a liberdade, pasando pola igualdade social. A tolerancia non ten porqué ser neutral ou un valor positivo en si mesmo, pode ser tamén un medio por parte do grupo co control social para fomentar ou manter unha situación de privilexio que lle é favorable.


FONTES:
La horizontalidad de las relacione humanas y la democracia < http://redalyc.uaemex.mx/pdf/279/27903406.pdf > [Consulta: 3 de novembro do 2012]


O partidismo na democracia

Comezamos por aclarar qué é a identificación partidista. Enténdese por ‘identificación partidista’ ao vínculo psicolóxico entre un individuo e un partido político, que implica pertenza ao mesmo, inda que non necesariamente con inscrición formal ou activismo. Considérase un vínculo estable que tende a reforzarse no tempo coa socialización política e que resalta a súa forte relación co voto. Mídese usualmente mediante a preferencia ou simpatía por partidos e indágase a estabilidade de tal vinculación.

Está comprobado que o partidismo é o peor  inimigo das ideoloxías ao someter o debate e o criterio persoal ao estrito orde da disciplina estratéxica adoptada por cada partido. Nesa finxida controversia prevalece primeiro o interese persoal sometido ao corporativo máis que a defensa real do ideario. 

Calquera político é consciente de que a súa estabilidade depende fundamentalmente da observancia desa disciplina máis que da defensa real do ideario que sustancia ao partido ao que pertence, ou das accións máis que máis conveñen ao interese xeral que aseguran defenderSon moi poucos os políticos que renden contas dos seus actos máis que nas urnas. De aí que non sexa estraño que quen prefire renunciar a súa liberdade de pensamento a cambio da seguridade que garante pertencer á elite política sexan lexión.

Cando non existe a presión partidista é posible tomar decisións intelixentes froito do análise consecuente das necesidades reais da sociedade.


FONTES:
El efecto del partidismo sobre la actitud democrática de los venezolanos <http://www.redalyc.org/src/inicio/ArtPdfRed.jsp?iCve=28120715006>  [Consulta: 3 de novembro de 2012]
Democracia disciplinada
<http://www.laopiniondemurcia.es/opinion/2012/07/06/democracia-disciplinada/413987.html> [Consulta: 3 de novembro de 2012]


Sociedade política e sociedade civil

Descoñecía a diferenza entre ambas, e ao evidenciarse esta no texto, realicei a busca de cales son as diferenzas entre elas:

A sociedade política (ou Estado)  enténdese como unha organización social heteroxénea, posto que está constituída por diferentes grupos étnicos previos (tribus, nacións en sentido étnico), orientada a manter a propiedade do propio territorio fronte a outras sociedades políticas, e a manter a eutaxia a través do conflito de grupos e clases sociais. A organización da sociedade política corre sempre a cargo dunha parte da mesma que totaliza, a través do poder político, ao resto de partes (inda que non do todo: totum sed non totaliter) propóndose como obxectivo la eutaxia.

O termo sociedade civil, como concepto da ciencia Social, designa á diversidade de persoas con categoría de cidadáns que actúan xeralmente de xeito colectivo para tomar decisións no ámbito público que concernen a todo cidadán fora das estruturas gobernamentais.


FONTES:
Sociedad civil (Ciencia política)
 <http://es.wikipedia.org/wiki/Sociedad_civil_(ciencia_pol%C3%ADtica)#cite_ref-0> [Consulta: 3 novembro de 2012]
Sociedad política
<http://symploke.trujaman.org/index.php?title=Sociedad_pol%EDtica> [Consulta: 3 de novembro de 2012]



Ética como norma suave e eficiente de coacción social

Non podemos ter un concepto restritivo da ética á hora de actuar; unha decisión correcta deberá tomarse en función das circunstancias ou a pesar delas.
O tema da ética suxire distinguir entre los termos coacción, conveniencia y convicción.  Non hay ética a partires da coacción, nin se xera ética no ambiente da conveniencia; a ética nace e prospera nun ambiente de convicción. É neste punto onde confirmamos que a ética existe “a pesar das circunstancias”.

A ética é individual, pero aplícase se constrúese a través das relacións co medio ambiente e con nós mesmos.  A ética cobra sentido cando nos relacionamos con outros. Non existe para xulgar ou condenar a ninguén, para elo están as leis.  A ética debe concibirse como un medio de avaliación propia, a través da cal buscamos encontrar a forma de ser mellores persoas, mellores traballadores, mellores xefes, etc.


FONTE:
La ética y su implicación social
<http://www.deloitte.com/view/es_gt/gt/2bf9875226ef8210VgnVCM100000ba42f00aRCRD.htm> [Consulta: 3 de novembro de 2012]


CONCLUSIÓNS E OPINIÓN PERSOAL SOBRE O DOCUMENTO

Por desgraza, só concordo coa primeira metade do artigo no que se diagnostica a enfermidade das sociedades actuais. É a proposta da solución á que non me convence, haberá lectores aos que lles semelle a cura ideal e respecto totalmente a súa opinión, máis non a comparto. Sí concordo na necesidade urxente de pensamento crítico, mais o pensamento é unha cuestión INDIVIDUAL, polo cal unilo ao concepto de sociedade me resulta estraño. Non se debe esquecer que a sociedade é unha abstracción, non é tanxible, sérvenos á hora de referirnos ao conxunto, pero non podemos tratala coma algo. Qué é a sociedade máis que o conxunto de individuos? A idea dun pensamento social único dáme medo, tráeme á cabeza momentos da Historia na que a liberdade brillaba pola súa ausencia.

Podería funcionar esa idea de pensamento crítico social se éste fose libre, se cada un puidese criticar o que lle parecese, co emprego dunha argumentación sólida. Pero Marina estropea esa bonita idea introducindo a continuación a (maldita) ética, a cal define como unha ‘’norma suave y eficiente de coacción social’’. No momento no que leo que o autor defende un tipo de coacción social xa rematou definitivamente coa posibilidade de que me caia ben. Para comezar, quén ditará esa norma? Quen decide o que se acepta e o que non? En base a qué verdade absoluta, a súa? Por qué está ben o que está ben? Por qué está mal o que está mal? Alguén poderá responder algo así como: a norma dítaa a sociedade; e eu pregúntome: e por qué o que diga a maioría é o correcto? Alá polo século XVII existiu un tal Galileo Galilei que por defender algo que desentoaba coa norma establecida viviu coma un apestado o resto da súa vida. E o preocupante é que iso é precisamente o que propón Marina, defende unha especia de ‘repulsa social’ a aquel ou aquela que non siga o establecido polo ‘marco ético’, mentres que anima a aplaudir a que actúe de xeito correcto de acordo cos parámetros sociais.

No artigo tamén se defende que o feito de xulgar os comportamentos alleos debe producirse dende a obxectividade e sen deixarnos levar por preferencias emocionais, o cal é queda moi bonito dicilo, pero sendo serios, é absolutamente imposible. Opino que Mariana  ten boa intención, pero o seu método non me semella (sempre dende a miña perspectiva) xusto nin axeitado.


sábado, 20 de octubre de 2012

Introdución á documentación informativa


A continuación, expónse o traballo encargado pola profesora para introducirnos un pouco máis no mundo da documentación informativa.


1.RESUMO 

Para caracterizar á Documentación Informativa, propuxéronse tres dimensións, correspondentes ás súas tres dimensións principais: (1) disciplina científica, (2) actividade profesional e (3) subsector económico.

Definición 1: como disciplina: Estudo da natureza, deseño e emprego dos sistemas de información documental ao servizo de: a producción de informacións de actualidade, o incremento da súa calidade, o seu almacenamento, conservación, recuperación, difusión e reutilización.

Definición 2: como profesión: Conxunto de prácticas profesionais relacionadas co deseño e a utilización de sistemas de información documental aplicados aos medios de comunicación social.

Definición 3: como sector económico: Conxunto de bens e servizos relacionados co deseño, creación e explotación de sistemas de información documental que permiten a almacenaxe, conservación, representación, recuperación e difusión de informacións creadas polos medios de comunicación social.

2.PALABRAS CLAVE

Datos, almacenaxe, conservación, representación, difusión, valoración, selección, clasificación, verificación, dossier.

3.INTRODUCIÓN

Vivimos inmersos nunha sociedade que necesita gran cantidade de información, e precísaa de forma rápida e constante.

Non se debe esquecer o fenómeno da televisión e actualmente o de Internet, que dan posible que a información chegue a case todo o mundo, no primeiro caso, e que sexa posible recibir, pero tamén buscar e acceder á maioría da que se produce en todo o mundo. Hai información escrita, visual e multimedia. Actualmente o noso mundo está marcado pola imaxe, sobre todo debido á auxe dos medios de comunicación. Neles, os documentos gráficos e audiovisuais son cada vez máis importantes, xa que os datos que nos proporcionan este tipo de documentos son fundamentais.

A maioría das actividades humanas xeran e consumen información. E nalgunhas convértese nunha necesidade imperiosa (na investigación, na industria, na empresa, nos medios de comunicación,…) onde carecer dela, nun momento dado, pode conlevar serias consecuencias.

A información non é un conxunto multiforme de feitos puntuais, sen relación entre sí, senón un complexo entramado de causas e efectos: as noticias teñen antecedentes e consecuencias, unhas noticias relaciónanse con outras, e unhas derivan doutras. Isto implica que a función dos medios non é simplemente dar noticias, senón ofrecer unha información documentada, na que cada noticia sexa vista en función das súas relación co resto da información. A información  documentada será máis unha información investigada e explicada, e polo tanto o máis obxectiva posible, contraria á exposición de opinións.

4.CONCEPTO

A documentación informativa podería definirse como ‘‘o modo informativo que ten por obxecto a valoración, selección, clasificación e arquivo para o seu posterior uso de textos e referencias sobre ideas, feitos, xuízos e opinións, coa fin de elaborar a información xornalística e difundir información documental de base xonalística.’’

5.PRINCIPIO

A natureza propia e específica da documentación xornalística ou informativa é a de ser un modo informativo.

A documentación pode ser escrita, sonora ou visual. A documentación informativa non é a documentación dos contidos só dos xornais, senón da documentación da información xornalística a través de distintos medios de documentación social: prensa, radio e televisión.

6.CARACTERÍSTICAS DA INFORMACIÓN DA ACTUALIDADE

As principais características da información de actualidade dende a perspectiva do traballo documental son expostas por Amat  e Blasco:

  • Coincidencia episódica. As mesmas noticias son ofrecidas por todos os medios diarios nas mesmas datas e posteriores, así como nas revistas xerais nas súas datas de publicación e nos espazos informativos non diarios dos medios audiovisuais. A causa é a dependencia dos medios e das axencias e, sobre todo, dos produtores dos feitos que se constitúen en noticia e nunha interpretación coincidente das expectativas da audiencia.
  • Redundancia cíclica. A actividade xornalística céntrase na cobertura dos feitos contemporáneos. Determinando acontecementos que teñen unha frecuencia diaria (bolsa), outros semanal (reunión do consello de ministros), outros mensual (IPC, datos do paro), trimestral (grandes operacións de tráfico), ou anual (premios cinematográficos). Isto fainos previsibles para a documentación.
  • Efecto Mateo. Unhas poucas personaxes polarizan o interese dos medios e aparecen nomeados en moitas noticias. Existe, pois, un desequilibrio para o tratamento da información relativa ás persoas.
  • Multiplicidade de soportes. Teletipos, noticias impresas, comunicados de prensa, grabacións radiofónicas, materiais visuais e audiovisuais.
  • Fragmentación da mensaxe. As mensaxes informativas transmítense fragmentadas polo ritmo de captación dos acontecementos, diferente ao da publicación ou edición dos medios. Estos ademais acostuman utilizar unha estrutura en forma de tríptico (previo, noticia, reaccións) que, a súa vez, pode continuar xerando novas noticias, de tal xeito que non é fácil realizar o proceso de selección nin análise documental, pois non hai criterio nin perspectiva suficiente.
  • Latencia. A información de actualidade caduca aparentemente, pero calquera feito pechado pode reabrirse e pode devolver o protagonismo a personaxes e feitos con independencia da súa antigüidade
  • Documentos compostos. Textos con fotografías e gráficas, por exemplo, plantean dificultades de organización documental e de deseño das ferramentas de recuperación documental.
  • Lei do mínimo esforzo. A premura de tempo coa que se sole traballar vai en detrimento de respostas e tratamentos da información elaborados.
  • Estratificación de usuarios e usos. Trabállase para usuarios moi diferentes na súa especialización e nos seus obxectivos.
  • Relatividade do significado. Os documentos xornalísticos cambian o seu significado en distintos contextos e admiten interpretacións diversas por parte dos usuarios. Isto fainos polivalentes. Na información audiovisual isto é especialmente significativo: así, uns planos de recurso grabados nuns laboratorios de investigación farmacolóxica poden servir para diversas noticias. Os datos sobre o roubo de coches son interesantes para un redactor de sucesos e para  un redactor das páxinas de economía.

7.FUNCIÓNS DA DOCUMENTACIÓN INFORMATIVA

R.W. Desmond, enumerou un total de 11 funcións da documentación informativa. Ditas funcións eran:   
  1. Evitar erros  
  2. Suministrar os antecedentes da noticia 
  3. Mellorar a presentación da información local 
  4. Preparar material por adiantado e suxerir información  
  5. Servir aos editorialistas 
  6. Realizar campañas en beneficio da comunidade 
  7. Facer accesible o material especializado 
  8. Conservar a documentación valiosa 
  9. Dar boa imaxe ao xornal 
  10. Servir ao departamento de publicidade 
  11. Servir ao departamento de difusión



A enumeración de Desmond data de 1933, polo que , ainda estando a día de hoxe vixente, actualmente manéxase unha sistematización non tan pormenorizada, deducida a partires da observación directa  e indirecta da actividade dos servizos de documentación periodística, e  a posterior agrupación homoxénea en razón ao seu obxecto específico e ao xeito no que estas funcións inciden na elaboración da información periodística. Así pois, a clasificación das funcións da documentación informativa é a seguinte:

Funcións inmediatas ou informativas: Son aquelas que corresponden ao obxecto ou finalidade do proceso documental. Compre sinalar 4:

·Función comprobatoria ou verificativa
·Función preparatoria
·Función completiva
·Función orientadora

Funcións mediatas: Para cumplir as funcións informativas, o servizo de documentación realiza unha serie de operacións que, consideradas no seu conxunto, reciben o nome de proceso documental. Estas funcións, referidas á operatividade do proceso documental, son as seguintes:

·Función valorativa e selectiva das fontes e contidos informativos
·Función clasificadora
·Función arquivística
·Función recuperativa


8.FINALIDADE

Elaboración da información xornalística

A mensaxe documental envíase ao informador cunha finalidade: contribuír a elaborar a información xornalística. Sen documentación da noticia non haberá nunca información. Inda que se centre a importancia informativa da documentación no relato de feitos, esta opera tamén nas ideas e opinións. A información de xuízos ten coma base sempre uns feitos. E a información de ideas, como as ideas mesmas, nunca aparecen totalmente ‘’ex novo’’. A documentación tamén contribúe á presenza dos factores básicos da información periodística: a verdade e a súa intelección polo destinatario, subministrando todos aqueles datos que faciliten a súa elaboración.

Acadar a verdade informativa

Esta non se trata dunha verdade filosófica ou especulativa, senón dunha verdade concreta sobre algo concreto que parte da realidade, desemboca na intelección do destinatario da información e ten por mediador ao informador.

Acadar a comprensión do destinatario

Ata que o destinatario non consiga a intelección da mensaxe informativa non se terá cumprido o proceso da información. Para que dito proceso se conclúa con éxito, o informador debe situar o obxecto informativo nun amplo contexto espacio-temporal e apuntar a súa significación no devir histórico, unha proxección de futuro.

Explicar as repercusións que teñen os acontecementos no actuar cotián e concreto do destinatario.

Adecuar á mensaxe informativa á situación e capacidade cultural e intelectual dese destinatario, mediante a utilización dunha linguaxe apropiada e o subministro de datos adicionais.

9.CENTRO DE DOCUMENTACIÓN DUN MEDIO: FUNCIÓNS, CARACTERÍSTICAS E FINS

Toda empresa informativa, sexa cal sexa o seu medio de difusión, prensa, radio ou televisión, precisa, para a elaboración dos seus contidos informativos, do apoio de textos, de información escrita. Polo tanto, a documentación escrita non é patrimonio exclusivo dos xornais.
Cos obxectivos citados arriba, o centro de documentación escrita deberá recoller unha ampla serie de documentos e tratalos seguindo o esquema clásico da cadea documental coas peculiaridades propias do entorno do traballo.

1.Selección da información.

A política de selección dun centro de documentación escrita deberá ter en conta, ademáis dos factores propios da selección xeral, outros aspectos derivados do propio carácte da información de actualidade.
En primeiro lugar haberá que determinar que información se selecciona en función do tipo de información que o medio ofrece; un medio de información local seleccionará noticias só de carácter local, mentres que unha axencia informativa internacional deberá recoller todo tipo de noticias.
Tamén deberá terse en conta a redundancia e obsolescencia da información, tomando medidas para evitalas.
Galdón suxire para a selección, a aplicación dos seguintes criterios:
  • Criterio de exclusión: consistente en  non escoller o que xa se ten.
  • Criterio de perdurabilidade: polo cal se determina o grado de permanencia e validez dos artigos de opinión, análise e ideas.
  • Criterio explicativo: para seleccionar artigos que potencien a comunicabilidade e explicación cabal dos feitos.
  • Criterio editorial: polo cal os artigos de análise, opinión e ideas sirvan para fundamentar a liña editorial do xornal serán seleccionados.
  • Criterio limitativo: baseado na periodicidade da publicación
  • Criterios de seguridade de emprego e novidade documental: avaliando o que realmente é susceptible de reutilización e o que é novo.


Os documentos que interesan a un centro de documentación informativa escrita son os seguintes:
·Todo o material editado ou emitido polo propio medio
·Despachos de axencias informativas
·Xornais: nacionais e estranxeiros
·Revistas de información xeral
·Comunicados de prensa
·Revistas especializadas
·Estatísticas
·Informes técnicos
·Publicacións oficiais
·Obras de referencia (Enciclopedias, anuarios, cronoloxías, biografías...)

2.Organización da documentación escrita

Unha das decisións máis importantes nun centro de documentación escrita é a de qué facer con esa documentación, como tratala, que tipo de análise documental efectuar, etc. Para iso existen 2 opcións non excluíntes: a 1ª é a solución tradicional, os dossieres temáticos clasificados, e a 2ª é a derivada da aplicación informática ao proceso documental xornalístico, a creación dunha base de datos de prensa.

3.Difusión da documentación escrita.

Xeralmente, o centro de documentación da empresa informativa difunde a información a petición de cada usuario. Así os xornalistas solicitarán datos concretos, buscas retrospectivas sobre un tema ou noticias  concretas publicadas anteriormente ou, tratándose de imaxes, planos específicos, situacións concretas ou conxunto de imaxes sobre un tema.
Por outra parte, o centro de documentación deberá prever as necesidades de información diarias, realizando documentos en forma de axenda do día que difundirá pola redacción.
Noutros casos, por último, o centro preparará os seus propios materiais, habitualmente resumos ou recordatorios de noticias de longa duración, cronoloxías, etc.

10.MAPA CONCEPTUAL (clickar sobre a imaxe para ampliar)


ELABORACIÓN PROPIA







FONTES CONSULTADAS PARA A ELABORACIÓN DESTE TRABALLO:

-GALDÓN LÓPEZ, Gabriel: El Servicio de documentación en prensa: funciones y métodos, Barcelona, Mitre, 1986
-MOREIRO, José Antonio (coord.): Manual de documentación informativa, Madrid, Cátedra, 2000
-DEL VALLE GASTAMINZA, Félix ‘’El centro de documentación periodística’’ 
-DEL VALLE GASTAMINZA, Félix ‘’Análisis y tratamiento documental en medios de comunicación impresos en la era digital’’
<http://www.ucm.es/info/multidoc/multidoc/cursos/verano/material/FELIX%20DEL%20VALLE/fvalleEV1.htm> [Consulta: 18 octubre]
-ARELLANO PARDO, María del Carmen, ''Documentación en prensa''
<://www.fcjs.urjc.es/paginas/carellan/tema11.html> [Consulta: 18 octubre]
-BENITO AMAT, C. y CASTILLO BLASCO, L. Factores condicionantes de las operaciones documentales en medios de comunicación, 1996