domingo, 30 de septiembre de 2012

Análise da marcha 'Rodear el Congreso':


Ao tempo que escribo isto así está a plaza de Neptuno, mais non se trata de seareiros do Atlético de Madrid. É a cidadanía manifestándose contra os seus ‘representantes’, que non están a representar nada. Trátase da xente amosando o seu enfado, un enfado coa clase política que todos levamos dentro, pero que necesita dun detonante para que saia á luz.

Ese detonante estáno a ser as redes sociais, o seu papel resultou vital na xornada do 25 de setembro (como tamén o foi na xornada do 26 e o está a ser hoxe día 29), para organizar aos milleiros de persoas que decidiron saír a rúa, pero sobre todo para os que non o vivimos puidésemos seguir o acontecemento en directo.

Tamén numerosos xornais na súa versión dixital actualizaban cada poucos minutos informacións sobre cómo se ía desenvolvendo a manifestación, eu estiven (e agora mesmo me atopo facéndoo) revisando varias páxinas web de diarios, especialmente El País, que informa prácticamente minuto a minuto sobre o acontecido e ofrece unha cámara para ver a plaza de Neptuno en directo.

O prato forte e máis polémico do día 25 chegaba, sen dúbida, coas desmesuradas cargas policiais, necesarias segundo a Policía (persoalmente, sigo preguntándome que tiña de necesario ISTO ou ISTO ) e que fixeron que redes como Twitter botasen fume.

Cantos deputados había ese día no Congreso? Se ben a Cámara consta dun total de 350 deputados, podo case asegurar (por todos é sabido o absentismo vergoñento que realizan os ‘nosos representantes’) que con sorte, se chegaría á uns 200.
Por suposto, non faltaron aqueles que quixeron sacar proveito da situación, e pouco despois de que os manifestantes chegasen a rodear o Congreso, os deputados de Izquierda Plural, como Cayo Lara, Gaspar Llamazares e Joan Coscubiela saíron do edificio para saludar aos manifestantes. O pleno levouse a cabo con absoluta normalidade, e os deputados foron fortemente escoltados cando abandonaban o edificio.

Certo é que os hai quen, amparándose baixo unha protesta pacífica, se adican ao vandalismo. Pero, ao igual que a clase política actual, non representan nada, e que as cargas policiais se xustifiquen nesas excepcións resulta, canto menos, ridículo. 
De momento, ainda que pareza que non, o dereito á manifestarse segue aí, na Constitución. Que alguén llo diga aos antidisturbios.

Non sei cómo concluír este compendio de indignación, resumo dos feitos e respostas ás preguntas feitas pola profesora. Considero importante que a xente saia a rúa e amose o seu xustificadísimo descontento pero, cara onde nos leva iso? Estamos a vivir un novo 15M, ou é o mesmo 15M o que reviviu? O 15M foi un punto de inflexión, pero obtivo algún resultado a nivel político? Algunha repercusión importante nas decisións tomadas polos gobernos do PSOE e agora do PP? Na miña humilde opinión, non. Temos dereito a amosar o descontento, e xa está. Seguiremos sendo monicreques en mans duns poucos que no fondo, se preocupan só por eles mesmos. Xa o éramos antes, pero como a cousa non ía tan mal, tampouco nos importaba demasiado. Non avogo, nin moito menos, pola continuidade dunha mentalidade de masa conformista, pero cómo cambiala? REALMENTE serven de algo estas movilizacións? Ogallá que sí. 



LA MURALLA
Para hacer esta muralla,

tráiganme todas las manos:
Los negros, su manos negras,
los blancos, sus blancas manos.
Ay,
una muralla que vaya
desde la playa hasta el monte,
desde el monte hasta la playa, bien,
allá sobre el horizonte.

—¡Tun, tun!
—¿Quién es?
—Una rosa y un clavel...
—¡Abre la muralla!
—¡Tun, tun!
—¿Quién es?
—El sable del coronel...
—¡Cierra la muralla!
—¡Tun, tun!
—¿Quién es?
—La paloma y el laurel...
—¡Abre la muralla!
—¡Tun, tun!
—¿Quién es?
—El alacrán y el ciempiés...
—¡Cierra la muralla!

Al corazón del amigo,
abre la muralla;
al veneno y al puñal,
cierra la muralla;
al mirto y la yerbabuena,
abre la muralla;
al diente de la serpiente,
cierra la muralla;
al ruiseñor en la flor,
abre la muralla...

Alcemos una muralla
juntando todas las manos;
los negros, sus manos negras,
los blancos, sus blancas manos.
Una muralla que vaya
desde la playa hasta el monte,
desde el monte hasta la playa, bien,
allá sobre el horizonte...
Nicolas Guillén

jueves, 20 de septiembre de 2012

Eleccións galegas do 21 de outubro. Guión para un debate:



1- Introducción, contextualización:

1.1- Contexto, situación política actual.

1.2- Presentación de cada partido e o seu candidato.  
     Neste caso              PP: Núñez Feijoo
                                       PSOE:  Pachi Vázquez
                                       UPyD: José Canedo
                                       BNG: Francisco Jorquera
                                       Anova: Xosé Beiras
                                       CxG: Vascuas
     (Os candidatos estarán de pé en estrados individuais)

1.3- Exposicións de cada grupo, das súas respectivas ideas a grandes rasgos. (3’ por candidato, sen réplicas nin preguntas)

2- Argumentación e contraargumentación:

2.1- Exposición dos programas electorais por parte de cada candidato

2.1.1 Política económica

2.1.2 Política social

2.1.2.1 Sanidade e educación

2.1.3 Política territorial. Competencias estatais

3- Interpelacións

3.1 Por turnos cada grupo será sometido a preguntas por parte dos outros candidatos (sendo 
permitida unha única réplica por pregunta doutro candidato).

3.2 Os candidatos poden ser interrompidos polos xornalistas para aclarar puntos, máis poden negarse a contestar

4- Exposición

4.1 Conclusións

4.2 Breve exposición final de cada candidato (máx 2’30’’ por candidato)




-Guión realizado conxuntamente por Sergio Álvarez, Uxía Estévez, Alexandra Padín, Raquel Pérez e Rosalía Quiroga.