Resulta ben certo
iso de que Internet elimina (case) todas as barreiras. E qué é o que ocorre
cando se eliminan barreiras? Que todos os contidos, antes separados polas
mesmas, queda agora unido nun todo de maiores proporcións. WorldCat é o
resultado da eliminación das barreiras entre as bibliotecas.
Xurde en 1971 e
trátase dun catálogo en liña xestionado polo OCLC (online Computer Library
Center). Está considerado o maior catálogo en liña do mundo. Resulta salientable que no 2009 a cifra de
rexistros bibliográficos acadou os 150 millóns en 470 idiomas.
WorldCat está
dispoñible en multitude de bibliotecas e redes informáticas de universidades;
dende agosto de 2006, está dispoñible gratuítamente a traves de Internet en www.worldcat.org
O catálogo consta
de varias ferramentas pensadas para facilitar a búsqueda o máximo posible, coma
a búsqueda avanzada, e titoriais sobre cómo buscar. Tamén dispón dun ránking co
top 10 das bibliotecas preferidas polos usuarios; e de etiquetaxes e de autores máis populares no
momento no que accedemos á web. Tamén dispón dun apartado para os documentos
máis recentemente actualizados.
É necesario crear
unha conta, pero esta é gratuíta e tendo en conta o servizo que presta, ben
merece a pena perder o minuto que leva rexistrarse.
Creo que todo o
que vos poida contar por aquí se queda curto á propia experiencia, así que,
adiante!